Publicador de contidos
Publicador de contidos

Irene Montero, disposta a negociar a lei do "só si é si" pero sen tocar o consentimento

Irene Montero, disposta a negociar a lei do "só si é si" pero sen tocar o consentimento

A negociación da reforma da lei do "só si é si" protagonizou os actos políticos de Podemos e o PSOE  durante a fin de semana.

A menos de 48 horas do prazo marcado polos socialistas para presentar a modificación da norma, a ministra de Igualde acepta facer cambios.

 Irene Montero advirte que "o consentimento non se toca".

G24.gal 05/02/2023 21:58 Última actualización 05/02/2023 22:07

Baixo o lema "Consentiches ou non? So si é si". Podemos reivindica a lei de garantía da liberdade sexual e mostra o seu apoio á ministra de Igualdade no Círculo de Belas Artes de Madrid. O partido mantense firme ante o que considera unha ofensiva contra a norma, contra as mulleres e contra o goberno de coalición.

Irene Montero di que a norma está ben feita e que ningunha reforma legal evitará as decisións xudiciais de rebaixar as condenas pero deixa clara a súa disposición a negociar. 

Estamos dispostos a aceptar as condicións que o socio maioritario do Goberno necesita para saír unidas e facer fronte como Goberno xuntas a esta ofensiva contra a lei, o Goberno de coalición e a maioría progresista, plurinacional e feminista. 
O consentimento non se toca.

Dende o PSOE, Patxi López  subliñou que a lei supón un avance enorme para as mulleres que sofren violencia machista E dixo que está convencido de que poden chegar a un acordo cos socios de goberno para evitar os efectos non desexados como a rebaixa das condenas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade