Isabel Rodríguez di que o PSOE afronta o 28-M "coa tranquilidade de ter o traballo feito"
Isabel Rodríguez di que o PSOE afronta o 28-M "coa tranquilidade de ter o traballo feito"
A ministra de Política Territorial viaxou a Santiago este sábado
Fixo un percorrido pola zona vella acompañada do líder do PSdeG
A ministra de Politica Territorial e voceira do Goberno asegura que os socialistas afrontan as eleccións do 28-M coa "tranquilidade de ter feito o traballo" tanto no executivo coma nos concellos.
De visita en Santiago, Isabel Rodríguez dixo que "a mellor carta de presentación" que ten o PSOE para renovar os cargos nos próximos comicios é a xestión económica e sanitaria desenvolvida durante os anos da pandemia. Gabou os datos económicos do país e celebrou o acordo que ultiman a patronal e os sindicatos para subir os soldos.
Acompañada do líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, do alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, e do delegado do Goberno, Xosé Ramón Gómez Besteiro, percorreron a zona vella, dende o Obradoiro á praza de abastos. González Formoso afirmou que a visita de Pedro Sánchez nos próximos días é unha mostra máis do seu compromiso con Galicia.