Publicador de contidos
Publicador de contidos

Israel suspende os ataques once horas ao día no sur de Gaza para que entre axuda

Israel suspende os ataques once horas ao día no sur de Gaza para que entre axuda

O Exército hebreo interrompe a ofensiva entre as 8:00 e as 19:00 horas para permitir o acceso de máis achega humanitaria

Ruínas da mesquita al-Al Rahma (Jan Yunis) tras un ataque israelí. REUTERS/Mohammed Salem
G24.gal 16/06/2024 08:01 Última actualización 16/06/2024 10:47

O Exército israelí anunciou que de agora en diante vai suspender cada día os seus ataques no sur da franxa de Gaza, entre as 8:00 e as 19:00 horas, para permitir a distribución de axuda humanitaria na zona. 

Segundo explican as forzas armadas hebreas, a decisión prodúcese tras manter "discusións coa ONU e organizacións internacionais". A ruta das "pausas humanitarias" vai dende o cruzamento de Kerem Shalom ata o hospital europeo de Jan Yunis.

Desde que o Exército israelí entrou en Rafah, no sur de Gaza, a comezos do mes pasado, o paso fronteirizo cara a Exipto permanece pechado e polo de Kerem Shalom apenas entran subministracións de xeito esporádico.

Esta situación obrigou a pechar hospitais e clínicas e serviu para agravar unha crise humanitaria xa antes catastrófica, segundo denuncian organismos internacionais como Médicos Sen Fronteiras.

Oito soldados mortos

Segundo as tropas xudías, as pausas xa comezaron este sábado, cando viviron a xornada máis mortífera dende o inicio da guerra. Oito militares faleceron ao explotar o vehículo blindado no que viaxaban.

No que vai de conflito perderon a vida en Gaza 307 soldados israelís e 37.296 civís, a maioría mulleres e menores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade