Publicador de contidos
Publicador de contidos

Israel prepara o hospital subterráneo máis grande do mundo mentres medra a tensión no Líbano

Israel prepara o hospital subterráneo máis grande do mundo mentres medra a tensión no Líbano

No norte de Israel as tres plantas do aparcadoiro dun hospital están listas para atender 8.000 pacentes en caso dunha emerxencia

G24.gal 04/07/2024 15:43

A tensión aumenta no Líbano e os tambores de guerra total con Israel soan cada vez máis forte. A zona máis ameazada é o norte do país israelí. En Haifa atópase un hospital preparado xa para funcionar e con capacidade para atender 8.000 pacientes.

As tres plantas do aparcadoiro do hospital están listas para actuar en caso de emerxencia, converténdose no hospital subterráneo e fortificado máis grande do mundo. O director do hospital Rambam explica que "o traslado dos pacientes ingresados na parte superior ao soto se completaría en oito horas, neste nivel temos 120 camas, pero en total hai 2.200".

No 2006 os mísiles de Hezbolá chegaron a Haifa, a terceira cidade máis grande de Israel, e xurdiu a necesidade dun hospital que pudiese funcionar baixo os ataques. Ante a ameaza dun novo conflito, tan só farían falta menos de 72 horas para pasar de aparcadoiro a hospital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade