Publicador de contidos
Publicador de contidos

Israel recupera este domingo os cadáveres de seis reféns en Rafah

Israel recupera este domingo os cadáveres de seis reféns en Rafah

Os Estados Unidos confirmaron a identidade dun estadounidense entre os reféns localizados mortos en Gaza

Netanyahu culpa a Hamas de que non haxa cesamento de fogo: os que asasinan reféns non queren un acordo

Tres israelís morren tras ser tiroteado o vehículo no que viaxaban nas proximidades de Hebrón, en Cisxordania

Os seis reféns localizados mortos en Rafah este domingo/AP/LAPRESSE
G24.gal 01/09/2024 08:59 Última actualización 01/09/2024 13:34

O Exército israelí confirmou este domingo que recuperou os cadáveres de seis reféns dun túnel subterráneo na área de Rafah, sur da Franxa de Gaza, e confirmou o seu retorno a territorio israelí.

Os falecidos, todos tomados como reféns o pasado 7 de outubro durante o ataque de Hamas, foron identificados como Carmel Gat, Eden Yerushalmi, o estadounidense-israelí Hersh Goldberg-Polin, Alexander Lobanov, Almog Sarusi e Ori Danino.

Un voceiro militar israelí asegurou que os seis reféns foron asasinados por Hamas pouco antes de que as forzas chegasen ata eles.

O grupo islamita afirma que os seis reféns rescatados sen vida morreron  por bombardeos israelís. Pero fontes médicas de Israel avanzaron a medios locais que os corpos presentaban indicios de seren executados. Israel non se pronunciou de xeito oficial.

Os seus corpos foron localizados a ao redor dun quilómetro de onde o refén beduíno Kaid Farhan ao Qadi foi localizado con vida a semana pasada. 

Os corpos atopados pertencen a catro homes e dúas mulleres, o que reduce a 97 o número de persoas que seguen retidos por Hamas, dos 251 secuestrados o 7 de outubro.

Deles, polo menos 33 están confirmados mortos. "Desde hai máis de dous meses está sobre a mesa un acordo para o regreso dos reféns. Se non fóra polos atrasos, a sabotaxe e as escusas, aqueles dos que mortes coñecemos esta mañá probablemente aínda estarían vivos", reaccionou a esta noticia o Foro de Reféns e Familias Desaparecidas, que anunciou manifestacións este domingo en Xerusalén e Tel Aviv.

Entre os falecidos, moitos na vintena, atópase o estadounidense-israelí Hersh Goldberg-Polin, de 24 anos e nado en California. O presidente dos EUA, Joe Biden, enviou as súas condolencias nun comunicado.

O 7 de outubro, Hersh asistiu ao festival de música NOVA, onde foi raptado e ferido, viuse obrigado a realizar un torniquete e sufriu a amputación dunha das súas mans, como se observa en vídeos do ataque. Fai tan só catro meses, nun vídeo propagandístico publicado por Hamas o 24 de abril, Hersh foi visto en bo estado de saúde, lendo a cámara unha mensaxe dirixida ao primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, por non facer suficiente para liberar os reféns.

A súa familia é, ademais, unha das máis activas na loita polo retorno dos reféns. En novembro, a súa nai, Rachel, foi un dos 12 familiares que se reuniron co papa Francisco no Vaticano, e os dous proxenitores sempre foron moi explícitos coa urxencia de alcanzar un acordo de tregua.

"Hersh, traballamos día e noite e nunca pararemos", reiterou Rachel Goldberg-Polin o pasado 29 de agosto, cando un convoi con familiares dos reféns desprazouse á liña divisoria de Gaza para pedir a liberación dos seus seres queridos.

Biden lamentou a morte do refén israelo-estadounidense Hersh Golberd-Polin e amosouse "desfeito" pola noticia. Prometeu que Hamas pagará polos "crimes" cometidos desde o pasado 7 de outubro.

Mentres, en Hebrón tres israelís morreron, dous homes e unha muller, nun ataque a tiros contra o vehículo que ocupaban, presuntamente perpetrado por varios palestinos contra un coche policial, nun posto militar no sur da Cisxordanis ocupada.

As forzas de seguridade buscan os autores do tiroteo. Esta semana intensificouse a violencia en Cisxordania tras varias redadas do exército israelí coa morte de máis dunha vintena de palestinos en Ienin e Tulkarem.

Tropas israelís en Gaza durante a fin de semana Tropas israelís en Gaza durante a fin de semana
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade