Publicador de contidos
Publicador de contidos

Italia aproba a vacinación obrigatoria para os maiores de 50 anos

Italia aproba a vacinación obrigatoria para os maiores de 50 anos

Queren aliviar a presión hospitalaria

O pasaporte será necesario nos postos de traballo, uso do transporte, hostalería, cerimonia e festivais

G24.gal 05/01/2022 22:17

O Consello de Ministros italiano aprobou por decreto lei a vacinación obrigatoria contra o coronavirus para maiores de 50 anos, medida que busca aliviar a presión hospitalaria e controlar os contaxios para protexer a poboación.

Desde o 15 de febreiro, os emplegados públicos e privados terán que mostrar o certificado sanitario reforzado para acceder aos seus postos de traballo. A medida inclúe igualmente os que non traballan. 

A vacinación obrigatoria esténdese ao persoal universitario, con independencia da súa idade, equiparándoo ao persoal escolar que xa o tiña que facer desde mediados de decembro.

Tamén se aprobaron as directrices sobre corentenas nos centros escolares para garantir as clases presenciais con seguridade desde el 10 de xaneiro.

"As medidas queren preservar o bo funcionamento dos hospitais ao tempo que manter abertas as escolas e empresas" dixo o primeiro ministro, Mario Draghi. "Actuamos sobre los grupos de edad que corren mayor riesgo de ser ingresados para reducir la presión hospitalaria y salvar vidas", añadió.

Xa a semana pasada, o goberno italiano decidiu que o pasaporte sanitario reforzado vai ser obrigatorio desde o luns, 10 de xaneiro, para acceder aos medios de transporte, a hoteis, a cerimonias ou festivais ademáis de no ocio e a restauración, como xa viñan facendo no país. 

Italia rexistró este 5 de xaneiro un novo récord de contaxios, con 190.000 casos nas últimas 24 horas co que o número total está xa nos 6,7 millóns desde febreiro de 2020. O número de mortos foi de 231, o que fai un total de 138.276.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade