IV edición do Friulio, que enche Friol de castrexos e romanos
IV edición do Friulio, que enche Friol de castrexos e romanos
Volve a festa que recrea a vida de castrexos e romanos ás beiras do Narla
Este sábado a primeira hora a Asociaición soriana Tierra Quemada facía unha recreación da vida celtíbera no Friulio, un castro construído integramente polos veciños de Friol dun xeito desinteresado, que cederon materiais e tempo para facer posible a construción deste poboado celta.
Nesta cuarta edición do Friulio participan unha trintena de asociacións.
En total máis de 400 participantes fan posible unha festa coa que se consegue que milleiros de persoas visiten o concello.
O Friulio tamén é unha festa gastronómica na honra do pan e do queixo da zona, pero tamén para recrear a gastronomía celta.
Os obradoiros están abertos á participación e esta tarde vaise recrear un asedio romano e, esta noite, un funeral celta.