Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iván Ares volverá á competición para correr o último rally da temporada

Iván Ares volverá á competición para correr o último rally da temporada

O piloto de rallys decidira facer unha pausa "pola súa saúde mental", pero confirmou que está recuperado e con forzas para volver pilotar o seu coche

G24.gal 15/10/2024 12:12

O mundo do motor está ledo polo regreso de Iván Ares á competición. Así o confirmou o piloto de Cambre nas redes sociais e estará no Rally de Pozoblanco, última proba do Supercampionato de España. 

Ares decidira tomar un respiro e afastarse das probas "pola súa saúde mental", tal e como recoñeceu o propio piloto, xa que estaba a pasar unha mal momento. No seu comunicado de regreso confirmou: "Fun capaz de volver atoparme comigo", e iso dálle forzas para afrontar unha proba esta mesma temporada. 

O galego estará na grella de saída do Rally de Pozoblanco, que se disputará entre os días 15 e 16 do vindeiro mes de novembro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade