Iván López: "A intención de Bruxelas é a de eliminar o arrastre pola porta de atrás"
Iván López: "A intención de Bruxelas é a de eliminar o arrastre pola porta de atrás"
"Nós cremos que hai unha estratexia clara de filtración e xera un debate pola porta de atrás", di presidente da Alianza Europea de Pesca de Fondo
"Cada estado membro é o encargado de fixar esas zonas de protección e establecer unha folla de ruta sobre como se vai garantir esa protección"
"Hai motivos que non din nesta campaña tan agresiva contra o arrastre", lamenta Iván López
Bruxelas ten previsto presentar o Plan de acción de conservación dos recursos pesqueiros o próximo 21 de febreiro. Un plan que afecta directamente a pesca de fondo, concretamente o arrastre, unha arte pesqueira á que a Comisión Europea se refire literalmente como "unha das actividades máis estendidas e daniñas para os fondos mariños e o seu hábitat".
Con este plan a Comisión Europea pretende que e o arrastre quede fóra do 30 % das augas comunitarias en 2030.
Iván López, presidente da Alianza Europea de Pesca de Fondo, estivo no 'Bos días' para analizar este plan de Bruxelas e como lle vai afectar ao sector.
"Nós cremos claramente que hai unha axenda e unha intencionalidade de eliminar o arrastre pola porta de atrás, por unha especie de acoso mediático, porque non hai unha formulación aberta para poder debatelo e debatelo na sociedade".
"Nós cremos que hai unha estratexia clara de filtración e xera un debate pola porta de atrás"
Explica o presidente da Alianza Europea de Pesca de Fondo que o sector cre que "hai unha estratexia de filtración para xerar debate pola porta de atrás"
"Hoxe está previsto que se publique un informe por parte do magazine 'Oceana' que di que somos os que xeramos máis CO2, ou tanto como para producir animais en terra; quero dicir que hai unha serie de circunstancias que coinciden no tempo e que levan ao 21 de febreiro, que é cando se vai presentar formalmente este informe. Nós creemos que hai unha estratexia clara de filtración e xera un debate pola porta de atrás".
"Hai motivos que non din nesta campaña tan agresiva contra o arrastre", lamenta Iván López
Iván López considera que Bruxelas ten neste plan da pesca de fondo "motivos que non din nesta campaña tan agresiva contra o arrastre".
"O arrastre tamén ten unha cousa que non din; como é unha arte móbil, e nesas zonas hai tubaxes, cables, cables de alta tensión cara á terra, no caso dos xeradores eólicos pode haber interaccións non desexadas. Ninguén quere que unha arte de arrastre pase por riba dun cable de alta tensión, os primeiros que non queremos somos nós. Iso tamén pasa por non poñer estes polígonos en zonas de artes pesqueiras; isto mesmo pasa en Galicia porque a pesca faise onde o fondo é viable e non moi profundo, que é onde se queren poñer os parques".
Engade Iván López que "isto é o que quero pensar, porque cando un le todos estes informes, o que boto en falta e falar doutros factores, parece que o único problema que ten o mar é a pesca de arrastre e os pescadores, que somos os únicos que vivimos desa saúde do mar".
"Despois de ver tantas series de televisión, aquilo que é o máis obvio, aquilo que se oculta, é o que probablemente é. E isto non está sendo sinalado", di López.
"Cada estado membro é o encargado de fixar esas zonas de protección e establecer unha folla de ruta sobre como se vai garantir esa protección"
Explica o presidente da Alianza Europa da Pesca de Fondo que "vai ser cada estado membro o encargado de fixar esas zonas de protección e establecer unha folla de ruta sobre como se vai garantir esa protección".
"Hai unha serie de desatinos. A Unión Europea ten competencias sobre a pesca e non as ten tanto sobre o medio ambiente, pero o que mola é o medio ambiente polo tanto o que fai é utilizar ferramentas que non están destinadas para iso para actuar como heroe medio ambiental e quedar moi ben. Xa non é o primeiro nin o segundo comisario de Medio Ambiente que acaba traballando en estes ámbitos despois do seu cargo. Se fose o comisario de Enerxía o que acaba traballando nunha eléctrica sería un grande escándalo, pero un comisario acabou traballando nunha ONG e cobrando un millón de euros e non pasa nada".
Lamenta Iván López que o debate non sexa cos países e sectores implicados: "Por que non o levan ao Parlamento Europeo, que é o verdadeiro representante e que é o coautor xunto co consello da lexislación? Non fan porque desta maneira pódeno levar ao Twitter e pásanlles a pelota aos estados membros".
"Imos ter 27 implantacións diferentes desta normativa e vai xerar desigualdades", di López
"Imos ter 27 implantacións diferentes desta normativa. E isto ao final xera máis problemas dentro da UE, xera desigualdades e máis desafeccións dos cidadáns co proxecto europeo que debería ser común", lamenta López
"É unha recomendación do executivo comunitario que se toma moi en serio polos países e que tamén vai dar lugar a unha presión mediática constante cara aos estados membros, lembrándolles o que pediu a comisión; si, pero a comisión non fixo o seu traballo, non falou con todo o mundo, non xerou un plan íntegro para saber como podemos continuar a abastecer de peixe o mercado europeo. E polo tanto, o tema queda coxo e hai que facer as cousas ben".
"Do 21 de febreiro a finais de xuño, os países non teñen tempo de facer ben a folla de ruta", lamenta Iván López.
"21 de febreiro e déixase ata xuño, son cinco meses para facer unha folla de ruta, non dá tempo a facer estudos científicos, estudos socioeconómicos, outra chapuza máis. Nós o que imos facer é seguir defendendo o que somos. Somos unha arte, unha industria que ten un efecto no medio ambiente como ten a agricultura ou calquera outro sector, que traballamos para traer comida sa. O impacto do arrastre existe, pero é xeolocalizado, igual que o dun tractor, sempre no mesmo ferrado, todos os anos volvendo ao mesmo ferrado, non imos por aí destruíndo segundo como cadre cada día".
"Xa hai unha obriga de protexer o 10 %, España fíxoo, outros países están no 1%. Isto xa pasou".