Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jácome devolve o seu posto ao interventor municipal de Ourense ao que cesara

Jácome devolve o seu posto ao interventor municipal de Ourense ao que cesara

O alcalde cumpre cunha resolución xudicial  que deixou sen efecto o cesamento do funcionario

G24.gal 03/06/2024 18:19

Gonzalo Alonso volve ao seu posto de interventor municipal, do que fora cesado polo rexedor, Gonzalo Pérez Jácome.

O alcalde cumpre así cunha resolución xudicial, de finais do mes de maio, que deixara sen efecto o cesamento do funcionario.

O despedimento produciuse ou pasado 18 de abril, despois de meses en que o alcalde sinalou reiteradamente o funcionario acusándoo de "guerra xurídica" e de "obstaculizar" a xestión do Goberno municipal e tras iniciar a apertura do expediente en decembro do 2023.

Entón, o encargado de fiscalizar a actividade económica do Concello, foi recolocado no departamento de Xestión Tributaria como "instrutor de procedementos sancionadores en materia de tráfico".

Con todo, o interventor acudiu á vía xudicial cun recurso contencioso-administrativo, aínda sen resolución, pero solicitou tamén a medida cautelar de que se suspendese o seu cesamento.

A esa medida, concedida polo xulgado, fixo caso ao Concello de Ourense que desde este luns devolveu ao seu posto a Gonzalo Alonso en tanto non haxa sentenza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade