Publicador de contidos
Publicador de contidos

Javier Tebas carga contra Rubiales: "O do salario é o de menos"

Javier Tebas carga contra Rubiales: "O do salario é o de menos"

O presidente da Liga apunta á xestión da Federación e dubida da exemplaridade de Rubiales

EFE/ Ana F. Barredo
G24.gal 31/05/2022 21:19

A lea entre Luis Rubiales e Javier Tebas non ten fin. As declaracións do presidente da Federación sobre o seu soldo abren a última entrega do longo serial de enfrontamentos que protagonizan. 

"Pódolles asegurar que probablemente sexa dos que menos gañe cuantitativa e proprocionalmente. E esa é unha verdade incontestable", dixo Luis Rubiales, presidente da Federación Española de Fútbol. 

Seiscentos setenta e cinco mil euros anuais e tres mil mensuais de axuda para vivenda. A esas cantidades se refería Rubiales. Pero a Tebas non é isto precisamente o que o escandaliza. O presidente da liga apunta a algo máis grande: a xestión da propia Federación. 

"É xestión impoluta o de Arabia Saudita? Xestión impoluta é repartir os millóns nunha competición oficial como é a Supercopa?", preguntou Tebas

"A xestión é impoluta e por iso recibe ataques xeneralizados?", ironizou Tebas. "A máxima puntuación que conseguiu a Federación, e téñena todos os clubs de fútbol español, foi por publicar na súa páxina web as contas anuais e a súa memoria. Nada máis. Non porque os procesos de contratación sexan correctos", puntualizou despois a conta da transparencia da entidade que preside Rubiales. E engadiu, "é xestión impoluta o de Arabia Saudita? Xestión impoluta é repartir os millóns nunha competición oficial como é a Supercopa?". E lembrou as conversas filtradas polo Confidencial entre Rubiales e o xogador do Barcelona, Gerard Piqué. "Geri, a este ponlle un pau máis e a este quítalle un par deles... iso transcende os límites da ética", dixo. "Está claro que a Federación que representa o deporte máis importante deste país precisa xestións impolutas de verdade", sentenciou finalmente o máximo mandatario da liga.

Tebas tira de ironía para criticar a Rubiales, ao que acusa de estar obsesionado coa súa figura, e desmárcase das filtracións que puxeron o presidente da Federación no punto de mira da xustiza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade