Jenni Hermoso: "Sentinme vulnerable e vítima dunha agresión"
Jenni Hermoso: "Sentinme vulnerable e vítima dunha agresión"
A campioa do mundo di que lle pediron facer unha declaración conxunta para rebaixar a presión sobre o presidente
"Non fun respectada". O comunicado persoal que publicou a última hora deste venres a campioa mundial Jenni Hermoso deixa claro que o bico na boca que lle deu o presidente da Federación de Fútbol non foi consentido.
Acúsao de mentir, de meterlle presión para que fixese unha declaración conxunta con el e mesmo de meter presión á súa familia para que ela cambiase de actitude.
Engade que este feito únese a unha longa lista de situacións que as xogadoras levan denunciando os últimos anos.
Asegura que actitudes coma esta son "o día a día da nosa selección de fútbol durante anos".
Por iso insiste en que reforza a posición que tomou dende o comezo non defendendo o seu agresor e non asumindo as consecuencias dun acto que non é responsabilidade dela.
Comunicado Oficial. Agosto 25, 2023. pic.twitter.com/4OqhqwwJ8P
— Jenn1 Hermos0 (@Jennihermoso) August 25, 2023