Jesús e Álvaro: Ollos que non ven, corazóns que si senten
Jesús e Álvaro: Ollos que non ven, corazóns que si senten
Xuntamos a dous seareiros invidentes de Deportivo e Rácing de Ferrol que vivirán o enfrontamento entre galegos co programa de audio Escoita
Jesús e Alvaro teñen moito en común. Os dous son apaixonados do fútbol. Un do Deportivo e o outro do Rácing. E os dous teñen un problema: apenas poden ver. Grazas a un programa de audio descrición chamado Escoita, o domingo, compartirán bancada no derbi. Dous días antes, xuntámolos nunha visita previa a Riazor na que comparten sensacións.
Un derbi tamén pode ser o comezo dunha amizade. Un e o outro albiscan un partido igualado. Deportivo e Rácing chegan co peto moi baleiro. Ninguén parece telas todas consigo. Ambos poden dar fe de que, contrariamente ao vello dito, ollos que non ven, corazóns que si senten.