Publicador de contidos
Publicador de contidos

Johnson pide desculpas pola festa durante o confinamento

Johnson pide desculpas pola festa durante o confinamento

Di que pensou que era un evento laboral

A oposición reclama a súa dimisión

Antón Montero 12/01/2022 20:26

O primeiro ministro británico pide perdón por participar nunha festa en Downing Street durante o confinamento pola pandemia.

Nunha comparecencia na Cámara dos Comúns, Boris Johnson admitiu que en maio de 2020 participou nunha celebración con corenta persoas nos xardíns da súa residencia oficial.

Naquel momento, as xuntanzas de máis de dúas persoas ao aire libre estaban prohibidas en Gran Bretaña. Johnson asegura que en todo momento pensou que era un evento laboral. A oposición reclamou a súa dimisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade