Cargando resultados...
Jonas Vingegaard disputará O Gran Camiño
Jonas Vingegaard disputará O Gran Camiño
O vixente campión do Tour de Francia disputará esta carreira, que se celebra do 23 a o 26 de febreiro
G24.gal
23/12/2022 16:54
Jonas Vingegaard, o vixente campión do Tour de Francia, correrá en Galicia, disputará O Gran Camiño dentro exactamente de 2 meses.
Vingegaard será o xefe de filas do Jumbo Visma no Gran Camiño. Será a primeira proba que celebre o danés na próxima temporada.
A presenza de Vingegaard, o home que acabou co reinado no Tour de Francia do esloveno Pogacar, supón un salto cualitativo para un Gran Camiño que celebrará a súa 2ª edición do 23 a o 26 de febreiro.
O Gran Camiño contará co mellor equipo do mundo, o Jumbo Visma, co Movistar que defenderá o dorsal número 1 e agora con Vingegaard, un dos grandes do ciclismo actual.