Jonas Vingegaard quere volver ser o rei nas estradas galegas
Jonas Vingegaard quere volver ser o rei nas estradas galegas
Ezequiel Mosquera: "O ano pasado arrincaba e marchaba. Este ano está Carapaz, Carlos Rodríguez, Bernal"
Jonas Vingegaard leva tres días na Coruña. Chegou en plena resaca das eleccións galegas e por Galicia quedará ata o domingo correndo O Gran Camiño. En catro días por Galicia (este xoves empeza o camiño cunha contra o reloxo individual pola Coruña, a través de TVG) espera repetir a conquista de hai un ano fronte a rivais como Carlos Rodríguez ou Richard Carapaz, pero sempre pendente do mes de xullo e da viaxe entre Florencia e Niza, no primeiro ano en que o Tour, que empeza en Italia, ao máis puro estilo do Xiro, non finaliza en París por cuestións operativas relacionadas cos Xogos.
“Levo cinco meses sen competir (desde que acabou a Volta) e puiden gozar da miña familia (a súa muller e a súa filla). Cheguei a Galicia despois de estar concentrado no Teide. Pero creo que empezo a tempada en boa forma. Gústame o ciclismo, correr, e sobre todo mellorar cada vez que compito”.
Vingegaard encabeza un cartel de luxo como destaca Ezequiel Mosquera.
"O ano pasado arrincaba e marchaba. Este ano está Carapaz, Carlos Rodríguez, Bernal".