Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jordi Turull operado de urxencia tras sufrir un infarto

Jordi Turull operado de urxencia tras sufrir un infarto

O secretario xeral de Junts sentiuse indisposto mentres realizaba unhas visitas, segundo informou nun comunicado a formación política  

Practicáronlle un cateterismo no Hospital de Bellvitge en Barcelona

 

G24.gal 26/02/2024 15:38 Última actualización 26/02/2024 17:31

O secretario xeral de JxCat, Jordi Turull, foi operado de urxencia con éxito no Hospital de Bellvitge (Barcelona) tras sufrir un infarto, informou o partido este luns nun comunicado

A Turull, que ten 57 anos, practicáronlle un cateterismo como consecuencia da insuficiencia cardíaca que sufriu. Turull participaba nunhas xornadas de traballo na comarca do Baix Llobregat cando sufriu unha indisposición, polo que foi trasladado ao hospital de Bellvitge, o máis próximo á zona.

O presidente da Generalitat, Pere Aragonès, desexou "unha boa e rápida recuperación" a Turull. Tamén deu ánimos a Turull o secretario do PSC, Salvador Illa, noutra mensaxe en X. Dirixentes de JxCat trasladaron a Turull mensaxes de ánimo, como no caso da presidenta do partido, Laura Borràs, que expresou o seu desexo de que teña "unha rápida recuperación". A portavoz no Parlament, Mònica Saes, expresouse nestes termos: "Hoxe a nosa forza ten que ser máis túa que nunca, querido Jordi Turull. Que o compromiso insobornable que compartimos sexa un bo motor para recuperarche ben pronto!".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade