Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado defende en Portugal o primeiro posto do Mundial de motocrós

Jorge Prado defende en Portugal o primeiro posto do Mundial de motocrós

A vindeira semana o campionato visitará Lugo e o piloto galego quere chegar como líder

G24.gal 04/05/2024 09:26

Jorge Prado defenderá en Águeda (Portugal) o primeiro posto á fronte do Mundial de motocrós. Este sábado correrá a carreira de cualificación e o domingo as dúas mangas nas que intentará lograr a quinta vitoria noutras tantas probas.

O inicio de campionato de Prado está a ser excepcional. Gañou na Arxentina, en Madrid, en Sardeña e no Trentino as catro primeiras probas puntuables. Con todo, ten un rival como Tim Gajser que tamén se atopa nun gran momento de forma e vaille dar moita guerra na loita polo título. O esloveno está a ser moi regular detrás do piloto lucense e só está trece puntos por detrás del na clasificación xeral. 

En Agalega.gal veremos as dúas probas do domingo, a segunda e decisiva tamén se verá pola G2. E en Portugal atópase o enviado especial de TVG Alfonso Pérez seguindo de preto as evolucións dun campión do mundo que quere chegar á seguinte proba, no seu circuíto de Lugo, á fronte do MXGP. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar