Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado gaña no seu circuíto quince días antes de comezar o Mundial de motocrós

Jorge Prado gaña no seu circuíto quince días antes de comezar o Mundial de motocrós

Impúxose a Rubén Fernández apurando a posta a punto para a primeira proba do MXGP

G24.gal 25/02/2024 11:02

Estivemos no circuíto Jorge Prado, con motivo da proba do Campionato de España de motocrós, para falar cos nosos dous representantes no mundial de MXGP; Jorge Prado e Rubén Fernández. O piloto lugués foi o gañador da proba disputada no circuíto que leva o seu nome, precisamente por diante do vigués. Os dous galegos están en plena forma xusto antes de comezar o mundial.

Jorge Prado, piloto de Red Bull Gas Gas: "As sensacións son boas, estou ben fisicamente e iso axuda moito cando estás enriba da moto, puxen moitas horas enriba, teño bo 'feeling', estou contento".

Rubén Fernández, piloto de Honda HRC: "A pretemporada ben, estivemos un mes en Sardeña adestrando, facendo test co equipo, fixemos algunhas carreiras de pretemporada en Italia e a verdade estou contento de como foron, sobre todo a última".

Os dous pilotos teñen claros os obxectivos e xa se agarran porque veñen curvas. Ambos puxeron marcada en vermello a sexta proba do Mundial que se disputará a segunda fin de semana de maio en Galicia, no circuíto Jorge Prado de Lugo. O espectáculo está garantido e a proba de caídas, como a que tivo Rubén Fernández no Campionato de España MX1.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar