Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado queda enterrado no lameiro de Águeda

Jorge Prado queda enterrado no lameiro de Águeda

O piloto galego caeu nas dúas mangas e acadou un 12º como mellor posto

Gajser pasa a ser o novo líder, con catorce puntos sobre Prado

G24.gal 05/05/2024 16:05 Última actualización 05/05/2024 19:08

Despois de catro vitorias noutras tantas probas chegou a fin de semana en que Jorge Prado non se adaptou ben a un circuíto. Nun trazado moi enlamado o piloto galego fallou na cualificación e caeu nas dúas carreiras do domingo. O 12º posto da segunda proba foi o mellor que puido sacar dunha fin de semana para esquecer, xusto antes de visitar Lugo. 

A primeira manga comezou con Jorge Prado no quinto posto, por detrás de Gajser, Herlings, Febvre e Jonass pero cando se levaban oito minutos de carreira o piloto galego foi ao chan. Tivo que pasar por boxes para cambiar as lentes e perdeu todas as opcións ao saír moi preto do último posto. Por diante fóronse Gajser e Herlings ata que o neerlandés tivo un problema mecánico que o sacou da carreira. O esloveno Gajser gañou a carreira e colocouse como líder do Mundial de motocrós. 

A segunda non foi moito mellor. Gajser caeu na saída e Prado nas primeiras curvas. Por diante marchou en solitario Herlings mentres os dous primeiros do Mundial pelexaban nun man a man para avanzar postos. Prado estivo moitas voltas por diante pero ao final adiantouno Gajser que acabou no décimo posto, dous por riba de Prado. 

A clasificaión está liderada por Gajser, con 252 puntos, catorce máis que Prado, que perdeu o posto de privilexio. Febvre achegouse aos dous primeiros (220) e Herlings tamén recuperou aínda que se mantén lonxe (198). Queda claro que hai moito Mundial por diante e que o que estaba a facer Prado era algo extraordinario. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar