Publicador de contidos
Publicador de contidos

Juan Caneda volve ao Sigüeiro tras superar un cancro: "Claro que tes medo"

Juan Caneda volve ao Sigüeiro tras superar un cancro: "Claro que tes medo"

Recibiu transplante da medula dun irmán e decidiu volver ao fútbol

G24.gal 04/02/2022 15:45

No #DiaMundialContraoCancro, en Zona mixta contaron coa testemuña de Juan Caneda, que sufriu un cancro que lle fixo ser transplantado de medula. Iso non lle impediu volver ao fútbol.

O impacto do diagnóstico

Cando lle din que ten leucemia linfoblástica aguda, Juan sofre un shock: "Claro que tes medo a morrer", pero afortunadamente un dos seus irmáns era compatible para doarlle a medula e finalmente se atopa moito mellor

Loita e medicina

Juan concorda en que a linguaxe bélica para superar unha enfermidade como esta non sempre é a máis acaida, pero cre na loita persoal ademais de na medicina, por iso pide tamén máis recursos e investigación:

“Nunca pensas que podes ter isto, pero hai que loitar”

“Que se destinen todos os recursos posibles á saúde”

O deporte, un apoio

Aínda que agora mesmo non está a entrar no once, si que ten ficha no Sigüeiro da Preferente, e a pesar de que o seu posto é de defensa central, con tal de xogar, non lle importa:

"Como se teño que poñerme de porteiro, estou desexando estar xa en dinámica de grupo"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade