Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comesaña: "Os pacientes con cancro reciben o mellor tratamento posible"

Comesaña: "Os pacientes con cancro reciben o mellor tratamento posible"

Nos últimos anos producíronse avances importantes na investigación para loitar contra a enfermidade

Hai campañas de cribados, novos métodos diagnósticos e tratamentos que melloran a supervivencia

G24.gal 04/02/2023 20:47 Última actualización 04/02/2023 21:21

Este sábado conmemorouse o Día Mundial contra o Cancro centrado na importancia da prevención e da investigación. Con diferentes actos quíxose visibilizar a loita contra esta enfermidade e os progresos nas terapias.

As campañas de cribados e os avances na investigación cos novos métodos diagnósticos e tratamentos melloraron a supervivencia e a calidade de vida dos pacientes con cancro.

"As dúas grandes estratexias que se ven no futuro é atacar a célula tumoral dun xeito dirixido, moi directo para que ataque esa célula ou as células darredor, non a todo o corpo, e a outra gran liña é a inmunoterapia para que as nosas defensas ataquen o propio tumor", di Rafael López, xefe do servizo de oncoloxía do hospital Clínico de Santiago.

Neste día, médicos e investigadores mandan unha mensaxe de esperanza, xa que se duplicou a esperanza de vida nos últimos corenta anos e lembran que moitos tipos de cancro pódense previr.

"Evitando os factores de risco como o consumo de alcohol, de tabaco, manter dieta mediterránea, dieta saudable, evitar a exposición ao sol e facer exercicio físico (...). E temos un camiño moi grande por percorrer pero grazas ás investigacións clínicas estamos a facer grandes avances, sen ciencia non hai futuro", engadiu Ana Fernández Montes, oncóloga do hospital Universitario de Ourense.

O conselleiro de Sanidade aproveitaba esta data para facer un recoñecemento aos profesionais da sanidade pública galega que están á fronte na loita contra esta enfermidade.

"Creo que está a facer que os pacientes que sofren cancro en Galicia estean convencidos de que están a recibir o mellor tratamento posible nos nosos servizos de saúde, xa sexa nos centros de saúde coa detección temperá, xa sexa nos programas de cribados galegos que son pioneiros e coas mellores ferramentas e con técnicas avanzadas como o proxecto de protonterapia que estamos a desenvolver, pioneiro en España", destacou Julio García Comesaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade