Publicador de contidos
Publicador de contidos

Escotet márcase como reto devolver ao Deportivo ao fútbol europeo

Escotet márcase como reto devolver ao Deportivo ao fútbol europeo

Escotet será o Presidente número 50 na historia do Deportivo

Aposta pola canteira: "A pedra angular e a columna vertebral será a canteira e o talento local"

G24.gal 10/07/2024 12:11 Última actualización 10/07/2024 13:50

Juan Carlos Escotet Rodríguez, próximo Presidente do R. C. Deportivo, destaca "o compromiso coa cidade e o escudo" como principal motivo para asumir a compra e as rendas dun club cuxa afección, pase o que pase, sempre é de Primeira.

Escotet non será un Presidente con desexos de figuración: "No meu caso é exactamente o contrario. O meu único desexo é achegar a miña experiencia e asegurar o éxito do club a longo prazo".

"Entendo que a miña función é axudar a formar ao talento novo e asegurar o desenvolvemento das capacidades que permitan manter o club nas máximas categorías do fútbol profesional español e europeo", engade o máximo mandatario deportivista.

Ante a pregunta de se o Dépor é un negocio ou un sentimento, o que será o Presidente número 50 na historia do R. C. Deportivo afirma.

"Sen discusión, o Dépor é un sentimento. Calquera analista económico desaconsellaría a compra dun equipo que nese momento estaba nun complexo concurso de acredores e nunha pésima situación deportiva. Pero fixémolo por compromiso con esta cidade e este escudo".

Escotet pídelle á afección que confíe. "O noso compromiso co equipo é profundo e a longo prazo. Amamos este club e estamos completamente dedicados a construír un futuro sustentable e de éxito".

"Entendemos a enorme responsabilidade que temos coa afección e coa cidade. Sempre teremos en conta todas as opinións para o desenvolvemento da nosa estratexia. O Dépor non se comprende se non se coñece ben esa afección que, pase o que pase, sempre é de Primeira", engade sobre unha intensa e inesgotable inchada que lle gustaría que saiba canto valoran ese apoio e esa lealdade.

"Imos traballar con afán e sen descanso para devolver o Deportivo canto antes ao lugar que merece. Non soamente a Primeira División, senón tamén, por que non, volver ao fútbol europeo", destaca Escotet.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade