Publicador de contidos
Publicador de contidos

Junqueras anuncia que deixa a presidencia de ERC e abre un período de reflexión

Junqueras anuncia que deixa a presidencia de ERC e abre un período de reflexión

A secretaria xeral Marta Rovira tamén confirma que non optará á reelección

Esquerra celebrará un congreso en novembro para decidir o novo rumbo político tras a derruba electoral 

G24.gal 16/05/2024 08:08

En plena crise interna pola derruba electoral, a executiva de Esquerra reuniuse na tarde do mércores de urxencia. Foi unha xuntanza longa que rematou con sorpresa: un día despois de anunciar que seguiría á fronte do partido, Junqueras comunicou que deixa a presidencia despois das eleccións europeas e que abre un período de reflexión e escoita activa antes de decidir o seu futuro.

Así que podería ser unha renuncia temporal ata o congreso que celebrarán en novembro para decidir o rumbo político da formación, despois de perder 13 deputados e converterse na terceira forza política en Cataluña.

A que non repetirá na dirección de Esquerra é a secretaria xeral Marta Rovira, segundo confirmou ela mesma nas redes sociais. Explicou que toma a decisión por coherencia e que o partido precisa cambios para recuperar o seu papel de liderado.

Poñendo o congreso de novembro, Esquerra atrasa a reorganización do partido e distánciase das negociacións de goberno en Cataluña. Ten que decidir se facilita a investidura do candidato socialista Salvador Illa. A liña oficial é que non negociarán e que o PSC debería entenderse con Junts.

Pero xa hai voces que se distancian desa postura. Por exemplo, o exdeputado no Congreso Joan Tardà, que defende colaborar cos socialistas, aínda que sexa dende unha oposición construtiva. E di que repetir as eleccións sería a peor opción posible. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade