Publicador de contidos
Publicador de contidos

Junts: "A lexislatura avanzará conforme avance o acordo que asinamos co PSOE"

Junts: "A lexislatura avanzará conforme avance o acordo que asinamos co PSOE"

As dúas formacións agardan retomar os contactos nas próximas horas

O Goberno non ve en risco a lexislatura: "Temos plans para os próximos tres anos e medio", di a voceira do executivo

Bolaños e Montero son dous dos negociadores do PSOE con Junts
G24.gal 01/02/2024 14:27

A esta lexislatura quédalle como pouco ata o 29 de maio, cando se cumpra un ano da última disolución, pero o Goberno non teme por ela. "Temos moitos plans para os próximos anos", di a voceira do Goberno, Pilar Alegría. Iso será se cumpren o pacto asinado con Junts.

O vicepresidente dos neoconverxentes, Josep Rius, avisa: "A lexislatura avanzará conforme avance o acordo que asinamos co PSOE". Do contrario mantense o colorín... colorado?, preguntáronlle esta mañá nunha entrevista. Rius nega chantaxe ao executivo pero lémbralle que ten que "cumprir cos acordos". Rebaixa tensión, pero mantense firme nas súas esixencias: unha lei que de amnistía que non deixe a ninguén fóra e de aplicación inmediata.

O Goberno tamén quere reconducir a negociación. Está disposto a asumir cambios, retoques técnicos, din. Pero non pensa cruzar máis fronteiras. Asegura que o terrorismo e a alta traizón seguirán na lei. A amnistía non é a última pedra no camiño. Hai máis riscos. Agardan os orzamentos. En Moncloa manteñen o plan, que pasa por presentalos este primeiro trimestre.  Non será doado. Junts avisa que non aceptará un proxecto pechado, sen capacidade para negociar. 

 O PP mantense atento. Feijóo leva a súa ofensiva contra a amnistía a Europa. Denuncia que "neste momento en España hai unha ofensiva masiva contra os xuíces e iso na Unión Europea non pode aceptarse". O novo calendario da lei de amnistía arranca este próximo martes e plántase en plena campaña electoral en Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade