Publicador de contidos

Publicador de contidos

Karla Sofía Gascón, en risco de perder o Óscar por comentarios racistas e homófobos nas redes sociais

Karla Sofía Gascón, en risco de perder o Óscar por comentarios racistas e homófobos nas redes sociais

Non acudirá á gala dos Goya do próximo sábado en Granada para evitar que continúe a controversia

Tamén estará ausente dos eventos que se celebran estes días nos Ánxeles

Jacques Audiard, director da película: "O que dixo Karla Sofía é imperdoable"

Karla Sofía Gascón, candidata ao Óscar a mellor actriz por 'Emilia Pérez' (EuropaPress) Karla Sofía Gascón, candidata ao Óscar a mellor actriz por 'Emilia Pérez' (EuropaPress)
G24.gal 06/02/2025 12:41

Karla Sofía Gascón podería perder o Óscar a mellor acriz tras verse dentro dunha polémica ao redor duns textos de tinguiduras racistas e homófobos que publicou hai anos na súa conta de X. 

Hai apenas unhas semanas, 'Emilia Pérez', dirixida polo francés Jacques Audiard, era unha das candidatas induscutibles a arrasar nos Óscar: era a produción con máis candidaturas este ano, un total de 13, récord para un filme non estadounidense

Gascón e todo o elenco feminino da película levaron o premio de mellor actriz do pasado Festival de Cannes, onde comezou a carreira internacional do filme e o ascenso fulgurante da actriz española, descoñecida ata ese momento e cunha carreira centrada en México.

Dende entón foi nomeada a multitude de premios que aínda non se celebraron, como os BAFTA do cinema británico, os César do cinema francés ou os Critics Choice Awards e optou ao Globo de Ouro a mellor actriz de comedia ou musical, que perdeu fronte a Demi Moore ('A substancia'), coa que volverá enfrontarse nos Óscar.

Non acudirá aos Goya 

A actriz Karla Sofía Gascón non acudirá á gala dos Goya do próximo sábado en Granada para evitar que continúe a controversia, decisión foi tomada despois dunha serie de conversas entre os produtores e a actriz madrileña, nas que se acordou que non acuda ao evento.

Había expectación pola presenza ou ausencia nos Goya de Karla Sofía Gascón tras ser nomeada ao Óscar polo seu papel protagonista en 'Emilia Pérez', expectativas que aumentaron despois de que transcendese a publicación fai anos dos chíos ofensivos, de tinguiduras homófobos e racistas. 

Gascón publicou un comunicado desculpándose e cancelou a súa conta na rede social, pero tamén concedeu entrevistas e fixo declaracións nas que, entre outras cuestións, denuncia ser vítima da "cultura da cancelación".

Conta da actriz eliminada da rede social 'X' Conta da actriz eliminada da rede social 'X'

Ausente nos Ánxeles

Ademais da decisión de non acudir á gala dos Goya, a actriz tamén estará ausente dos eventos que se celebran estes días nos Ánxeles nunha semana clave para a decisión dos académicos de Hollywood, que teñen ata o 18 de febreiro para emitir os seus votos.

Entre os actos aos que non asistirá Gascón está a gala dos Critics Choice Awards, que se celebrará este venres e á que tiña previsto ir xunto a parte do equipo do filme e tampouco formará parte da representación no xantar dos premios AFI (American Film Institute) deste xoves nin nos premios dos produtores (PGA Awards) que se celebrarán o sábado.

A polémica dos chíos

Gascón, a segunda actriz española nomeada aos Óscar tras Penélope Cruz e a primeira trans, lamentou "profundamente causar dor" coas súas mensaxes, nas que chegou a chamar  "drogata estafador" a George Floyd, o afroamericano cuxa morte a mans dun policía impulsou o movemento BlackLivesMatter en Estados Unidos.

"Realmente creo que a moi poucos lles importou nunca George Floyd, un drogata estafador, pero a súa morte serviu para volver poñer de manifesto que hai quen aínda consideran aos negros monos sen dereitos e quen consideran que a policía é asasina. Todos errados", afirma en X.

Tamén se publicaron outros de carácter racista en contra do Islam, os musulmáns e os marroquís afincados en España.

"O maior atraso de dereitos está no islamismo"; "Cada vez que vou recoller á miña filla ao colexio hai máis femias co pelo tapado e o faldón ata os talóns. O mesmo o ano que vén no canto de inglés temos que dar árabe... e un cordeiro", continúa nas súas mensaxes.

Pero quizá o máis rechamante da controvertida lista de chíos sexa o dirixido á edición dos Óscar de 2021, criticando o apoio destes galardóns á diversidade que ela reivindica.

"Cada vez máis os Óscar parécense a unha entrega de cinema independente e reivindicativo, non sabía se estaba a ver un festival afrokoreano, unha manifestación Blacklivesmatter ou o 8M. Aparte unha gala fea fea. Faltoulles darlle un premio ao curto do meu curmán, que é coxo", escribe.

A polémica non parou de crecer por iso e na produción, comezan a temer que 'Emilia Pérez' quede prexudicada nas súas opcións de premios e recadación. 

O director do filme

O director da película, o francés Jacques Audiard, acusou á súa estrela de "ir de vítima" coas explicacións que deu nos últimos días sobre as súas mensaxes na rede social X

"Resúltame moi difícil lembrar o traballo que fixen con Karla Sofía. A confianza que compartiamos, o ambiente excepcional que tiñamos no estudio...", asegurou o cineasta nunha longa entrevista con Deadline na que recoñece que non mantivo ningún contacto coa protagonista da súa película e que tampouco ten ningunha intención de telo.

 "Cando tes ese tipo de relación e de súpeto les algo que dixo esa persoa, cousas absolutamente odiosas e dignas de ser odiadas, a relación vese afectada. É como caer nun foxo, pero o que dixo Karla Sofía é imperdoable".

Audiard afirma nesta mesma entrevista que a actriz española atópase nunha espiral "autodestructiva" facéndose "dano a si mesma".

"Non entendo por que está a danar a persoas que estaban moi preto dela", indica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade