Publicador de contidos

Publicador de contidos

O risco de sufrir un infarto ou un ictus aumenta tras padecer unha gripe

O risco de sufrir un infarto ou un ictus aumenta tras padecer unha gripe

Calcúlase que ata o 10 % dos infartos que se producen durante a fase epidémica da gripe se relacionan con esta infección

Os sanitarios subliñan a importancia da vacinación entre a poboación vulnerable para diminuir riscos

G24.gal 03/03/2025 15:37

O risco de sufrir un infarto aumenta tras padecer unha gripe. Así o confirman numerosos estudos científicos, que apuntan ademais á importancia da vacinación entre a poboación vulnerable.

Calcúlase que ata o 10 % dos infartos que se producen durante a fase epidémica da gripe se relacionan con esta infección. É sabido que as vacinas non evitan os contaxios, pero si as complicacións, o que reduce drasticamente o risco de sufrir un infarto.

Hai case un século que a ciencia conseguiu atopar o vínculo entre a gripe e os accidentes cardiovasculares, pero a mensaxe segue sen callar entre a poboación e non deixa de sorprender. A gripe pode desencadear infartos pero tamén ictus, e hoxe sabemos trazar a causa/efecto.

E a maior coagulación, máis risco de sufrir trombos e derivar nun evento cardiovascular. Recentes estudos sinalan que a semana posterior a padecer gripe son días críticos. As posibilidades de sufrir un infarto aumenta en poboación xeral ata 6 veces.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar