Publicador de contidos
Publicador de contidos

Kíiv anuncia nova mesa de negociacións con Rusia dende o luns en Turquía

Kíiv anuncia nova mesa de negociacións con Rusia dende o luns en Turquía

Prolongaríanse ata o próximo mércores

Primeira reunión en Antalya o pasado 10 de marzo Primeira reunión en Antalya o pasado 10 de marzo
G24.gal 27/03/2022 17:40

Ucraína e Rusia celebran unha nova rolda de negociacións, de tres xornada desta volta, desde o luns ata o próximo mércores. Serán outra vez en Turquía conforme anuncia o xefe da delegación ucraína nas redes sociais.

Turquía xa acolleu a reunión entre o ministro de Exteriores, Sérguei Lavrov, e o ucraíno, Dmytro Kuleba, a comezos deste mes de marzo, na cidade balnearia de Antalya.

O presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, comprometeuse co mantemento de canles diplomáticas no conflito ucraíno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade