La Oreja de Van Gogh, Tanxugueiras, Rozalén, Alvaro de Luna e Rayden, cabezas de cartel do SonRías Baixas
La Oreja de Van Gogh, Tanxugueiras, Rozalén, Alvaro de Luna e Rayden, cabezas de cartel do SonRías Baixas
La Oreja de Van Gogh, Tanxugueiras, Rozalén, Alvaro de Luna e Rayden, cabezas de cartel do SonRías Baixas
Fillas de Cassandra, Mondra, Sabela, The Rapants ou Tanxugueiras conforman a representación galega
A venda de abonos abrirá este xoves
O SonRías Baixas, festival de música celebrado en Bueu, trae a Galicia as actuacións de La Oreja de Van Gogh, Tanxugueiras, Rozalén, Álvaro de Luna, Xenebras e Rayden entre outros artistas. Terá lugar o 1, 2 e 3 de agosto.
A organización apostou na vixésimo primeira edición por un forte protagonismo das bandas lideradas e formadas por mulleres como cabezas de cartel.
Xunto a esas principais bandas sobresae a presenza de nomes da escena galega como Fillas de Cassandra, Mondra, Sabela ou The Rapants, que acompañarán a Tanxugueiras.
A estes, súmanselles os de Chef’Special, La La Love You, Anabel Lee, Cool Meniñas, Emlan, Gilipojazz, Inés Hernand, La Elite, Morochos, Mr. Kilombo, Mordo, Sexy Zebras e Travis Birds nun festival que tamén pretende ser altofalante de novas propostas.
A venda de abonos para asistir a esta cita estará dispoñible dende este xoves ao mediodía na web do festival, www.sonriasbaixas.info, e a través de Enterticket.es.
Os 500 primeiros compradores terán unha vantaxe: obterán as súas entradas por 45 euros, gastos de xestión aparte.
CARTEL SONRÍAS BAIXAS 2024 💥Presentámosvos o cartel da 21ª edición do festival! 🏖️⛰️
— SonRías Baixas (@sonriasbaixas) January 29, 2024
🗓️ ABONOS Á VENDA XOVES 01 ÁS 12:00h en https://t.co/3QATHV2YUA e @enterticket cun cupo de abonos limitado a prezo promocional! 🚨
#SonRíasBaixas #SonRíasBaixas2024 pic.twitter.com/EziXFN3MFZ