Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lage Tuñas: "O PSdeG apoia o sector pesqueiro galego, o que fai a UE é lamentable"

Lage Tuñas: "O PSdeG apoia o sector pesqueiro galego, o que fai a UE é lamentable"

Lage Tuñas considera que o Goberno de España ten que recorrer o veto á pesca de fondo diante das institucións comunitarias

O secretario de Organización do PSdeG cre que se debe abrir unha investigación parlamentaria para saber por que o Goberno galego dedicou eses 159 millóns a outros fins que non foron os da sanidade

José Manuel Lage Tuñas foi entrevistado no informativo 'Bos días'
G24.gal 21/09/2022 10:01

O curso político recuperouse tras o verán con temas cruciais, polo que afectan directamente o día a día dos cidadáns. Asuntos presentes tamén no arranque das sesións plenarias aquí en Galicia, no pazo do Hórreo. Os diferentes partidos políticos que forman parte do Parlamento de Galicia van achegar as liñas que están marcando as axendas dos grupos parlamentarios.

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, José Manuel Lage Tuñas, estivo no informativo Bos días, onde participou nunha entrevista. Tuñas manifestou que para os socialistas galegos a principal preocupación é a sanidade. 

"De 418 millóns de euros que ten transferido o Goberno de España á Xunta de Galicia, hai 159 millóns que desviaron a outros fins, e iso parécenos moi preocupante".

Remarcou que cando Touriño gobernaba non había listas de espera na atención primaria e que "hoxe un cidadán que teña que ir ao médico de cabeceira no Ventorrillo ten que esperar ata 12 días para ser atendido".

O secretario de Organización do PSdeG cre que se debe abrir unha investigación parlamentaria para saber por que o Goberno galego dedicou eses 159 millóns a outros fins que non foron os da sanidade.

Veto á pesca de fondo

Outros temas dos que se falou foi o da pesca, a prohibición da pesca de fondo, e sobre cal é a postura dos socialistas, Lage dixo que "os socialistas galegos apoian ao sector pesqueiro galego e considera que o Goberno de España ten que recorrer ese regulamento diante das institucións comunitarias". Manifestou que o presidente da Xunta "debe moverse e ir a Bruxelas a defender os intereses da pesca".

Sobre a reunión co ministro de Agricultura, Lage Tuñas destacou que "a nosa posición xa se transmitiu con claridade e contundencia ao ministerio de Pesca". Cre que as decisións non se poden adoptar sen ter informes solventes e científicos e que o que se fixo non ten rigor.

Viaduto da A-6

Este mércores estase a desmontar o viaduto da A-6, Ethel Vázquez manifestara a semana pasada que o Goberno sabía das causas dese derrube e Lage afirmou que "a Xunta faría ben en dar conta das súas competencias, explicar as políticas que fai e deixar de ser comentaristas das decisións doutros gobernos". 

Stellantis

Sobre que Stellantis quedou fora das axudas do PERTE, o Secretario de Organización do PSdeG afirmou que "agarda que o Goberno de España e a Xunta fagan todo o posible por apoiar os proxectos de Stellantis porque non é son fundamental para Vigo senón para o conxunto de Galicia o apoio que se lle poida dar". Afirma que o que toca é que a política estea ao lado dos cidadáns e apoiando a creación de emprego. En canto a que a planta de Endesa das Pontes se manteña parcialmente aberta, Tuñas cre que "é unha decisión positiva para Galicia e temos que traballar todos para facer compatible a transición ecolóxica coa creación ou o mantemento de traballo".

Para rematar, Lage quixo remarcar dúas cuestións: que eliminar o importo de patrimonio en Andalucía a quen beneficia é a 17.000 persoas que teñen moitos cartos e que a Rueda pídelle na súa comparencencia no Parlamento de Galicia a vindeira semana que "explique porque teñen desviados 159 millóns de euros para combater a covid e reforzar a sanidade e porque hai case mil profesionais menos na atención primaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos