Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lage di que o PSOE é a única opción para non retroceder 50 anos con PP e Vox

Lage di que o PSOE é a única opción para non retroceder 50 anos con PP e Vox

O secretario de organización del PSdeG informou do inicio de campaña de candidatos e canditas ao Congreso e ao Senado cara ao 23X

"A dereita e ultraderieta traballan para desmoralizar aos progresistas. Iremos loitar pola maioría social que produciu os cambios dende comezo dos 80"

G24.gal 23/06/2023 13:19

O secretario de organización del PSdeG, Xosé Manuel Lage Tuñas, presentou o inicio de campaña que comezarán mañá os socialistas de cara ás elección xerais do 23 xerais. 

Os canditados e candidatas ao Congreso e o Senado dixo "sairán defender con argumentos as políticas que lle deu o mellor a Galicia e España, transformou o país nos últimos 40 anos".

Lage Tuñas dixo que nos últimos catro anos se tomara decisión relevantes afectaron positivamente a poboación. Asegurou que "estamos nun momento moi importante no que están en xogo un modelo de sociedade será unha decisión de gran alcance".

Loitarán contra o plan de derruba que teñen a dereita e a ultradereita

"Queren enterrar o partido, queren infurndir desacougo para que a dereita poida executar ese plan de demolicións para retrotraernos a situacións de hai 50 ou 60 anos".

Para o secretario de organización, as melloras vense en datos crecemento económico, publicados hoxe, que demostran que as políticas son positivas para a economía e para a maioría social do país.

Argumentou que as melloras non son incompatibles coa defensa dos servizos públicos, a loita contra as discriminacións sexa polo motivo que sexa, raza, condición sexual..., e que o PSOE é garante da convivencia. Hai 5 anos estabamos con tensión territoriais. "Agora medramos económicamente e hai unha mellor convivencia".

Os candidatos socialistas sairán á rúa "con argumentos para convencer da boa xestión do Goberno socialista e para frear políticas regresivas que anuncian a unión entre PP e Vox".

"As pensións medraron un 8,5 %; co PP, un 0,25 %. No 2013 co PP no goberno facíanse un millón de contratos indefinidos, coa reforma laboral máis de 7 millóns no 2022. Duplicouse o gasto en bolsas de estudo nestes catro anos. Son 2.500 millóns para becas".

Lage Tuñas tamén defendeu o escudo social de protección que comezou na pandemia, segundo dixo, e que segue agora facilitando a mobilidade xeográfica, con descontos nas peaxes ou ingreso mínimo vital. Axudar a quen máis o precisa.

"Defendemos unha socidade máis cohesionada, libre e igualitaria. Defendendo os dereitos das muller, aos que menos teñen e protexendo aos maiores, que ben o merecen. PP e Vox quere derrubar todos os avances sociais que fixeron os socialistas".

O socialista acusou a Feijóo de ser un "trilero profesional", que estivo dicindo que tiña que gobernar a lista máis votada, pero que onde pode pacta con quen pode.

"Hoxe en España pactou en máis de 140 concellos con Vox, o Goberno da Comunidade Valenciana e de Castela e León".

Insisteu en que a alternativa é ter a Abascal de vicepresidente do Goberno de España con Feijóo e que en Galicia xa su sufrimos as súas políticias, agora coñéceno no resto do Estado.

O PSdeG é a principal forza municipalista, gobernando a metade da poboación galega

O secretario de organización del PSdeG, Xosé Manuel Lage Tuñas, valorou as elección de maio nas que o PSdeG, dixo, mantén unha base sólida con 101 alcaldías e 2 deputacións, e están a piques de revalidar a presidencia da FEGAMP.

Segundo os socialistas, é o partido que goberna máis cidadáns nos concellos de Galicia, 1,2 millóns, mais que a suma do BNG e o PP xuntos.

Necesidade de cambio urxente en Ourense

Lage Tuñas dixo que segue habendo unha necesidade urxente de cambio, e que o PSdeG seguirá traballando para que ese cambio se dea.

"Estase actuado baixo parámetros que non son os dunha sociedade democrática moderna contemporánea. Hai anomalías que deben ser superadas. É prioridade sacar a Ourense de furgón de cola onde o meteu o PP hai 40 anos".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade