Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lambán súmase aos baróns socialistas que piden que rompa a alianza parlamentaria con Bildu

Lambán súmase aos baróns socialistas que piden que rompa a alianza parlamentaria con Bildu

A polémica pola inclusión de condenados nas listas de EH Bildu segue acaparando a campaña electoral

G24.gal 15/05/2023 15:01 Última actualización 15/05/2023 15:15

Nas últimas horas, varios baróns do PSOE pronunciáronse sobre a inclusión de condenados por terrorismo nas listas de EH Bildu, desmarcándose publicamente da alianza que o seu partido mantén no Congreso.

O domingo foi o presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García-Page, quen, nun mitin en presenza de Pedro Sánchez, asegurou que el "cos asasinos da ETA, nin á volta da esquina".

Nas últimas horas, o presidente de Aragón, Javier Lambán, tamén se pronuniciou "contrario a que haxa pactos con Bildu, agora máis aínda". Na súa opinión, "Bildu pode facer o que lle dea a gana coas súas listas, pero eu rompería calquera tipo de relación con este partido". Dende o PP, instan os baróns a actuar. 

"Os candidatos socialistas intentan lavar as súas conciencias facendo declaracións, pero as declaracións fanse no Comité Federal do PSOE e a través dos deputados e senadores do PSOE votando en contra deste pacto de Sánchez con Bildu", aseguraba ante a prensa o presidente do partido, Alberto Núñez.

A dirección nacional do PSOE esquiva as críticas internas e apunta ao Partido Popular. Pilar Alegría, voceira do partido, cualificou as listas de "indecentes" ao tempo que aseguraba que "o PSOE nunca utilizou nin utilizará o terrorismo para rañar votos".

Pronunciamentos, tamén dende Unidas Podemos. Para Irene Montero, ministra de Igualdade, "por respecto á dor das vítimas, debería deixar de ser un tema co que os partidos da dereita fan unha campaña vergoñenta".

Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda de ministra de Traballo tamén pedía que respectase "o sufrimento das vítimas" e que non sexan "instrumentalizadas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade