Lapada de Champions aos equipos da Liga
Lapada de Champions aos equipos da Liga
O Lille derrotou ao Real Madrid (1-0)
O Atlético perdeu por 4-0 co Benfica do ferrolán Carreras
O Xirona perdeu como local contra o Feyernoord (2-3)
Real Madrid, Atlético e Xirona entraban en competición na segunda xornada da Champions. O primeiro en xogar foi o cadro xironés no seu campo de Montilivi. Non lle puido ir peor o partido, con erros de vulto ante o Feyenoord. O equipo dos Países Baixos aproveitouno para levar un triunfo por 2-3. Os dous equipos fallaron cadanseu penalti, houbo moitas alternativas no marcador e acabou decidindo un autogol de Krejci no minuto 79.
Histórico.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 2, 2024
Inolvidable.
Eterno.
David López marca el primer gol del @GironaFC en #UCL 😍.#LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/jfXfDlYnDu
O Atlético de Madrid fixo o ridículo no campo do Benfica. Perdeu por 4-0 (Akturkoglu, Di María, Bah e Kokçu) nun partido en que foi titular o lateral esquerdo ferrolán Álvaro Carreras, xogador do equipo portugués.
El penalti señalado por este pisotón de Gallagher. #UCL #LaCasadelFútbol pic.twitter.com/rcTM2qZdjF
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 2, 2024
O Real Madrid visitaba o campo do Lille e tampouco lle foron moito mellor as cousas. Perdeu por 1-0 nun erro de consideración que pode pagar caro á hora de meterse entre os oito mellores (evitaría unha eliminatoria). Un penalti por mans de Camavinga deulle a Jonathan David a oportunidade de superar a Lunin.
👀 El penalti por mano de Camavinga que transformó Jonathan David.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/ToYUhylIS4
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 2, 2024