Cargando resultados...
Lautaro marcha cedido ao Cartaxena de Segunda División
O dianteiro anotou 10 goles a pasada tempada
G24.gal
14/07/2023 14:51
Sae Lautaro de León, 'Lauti', do Celta Fortuna. O dianteiro titular do filial celeste terá a súa primeira oportunidade na Segunda División no Cartaxena.
O dianteiro nado no Uruguai fixo unha boa tempada o ano pasado na que resaltou o seu hat-trick no play-off de ascenso fronte ao Eldense. Rematou a tempada con 10 goles e repartindo unha asistencia.
Con esta baixa, o segundo equipo do RC Celta queda sen o seu dianteiro centro titular, abríndolle ás portas ao ex do Compostela, Darío Germil, e ao dianteiro do Celta C Gran Peña, Frán López.