Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 300 peliqueiros percorren Laza no seu domingo de estrea

Máis de 300 peliqueiros percorren Laza no seu domingo de estrea

Veciñanza e visitantes viven con paixón o inicio do seu ancestral Entroido

No luns borralleiro chegan a farrapada e a baixada da morena

G24.gal 19/02/2023 14:39 Última actualización 19/02/2023 15:07

Os peliqueiros e as súas chocas son os protagonistas deste primeiro día grande de Entroido en Laza. Ata a noite van encher de cor e ruído as rúas da vila e das aldeas. Trátase do primeiro acto dun Entroido que se vai prolongar ata o martes.

Milleiros de persoas achegáronse ata o centro do municipio para presenciar os desfiles dos ancestrais peliqueiros. Coa súa soa presenza, xa enchen de son a praza. 

O día comezou coa posta do traxe, un labor moi traballoso e que hai que facer con total precisión para respectar a tradición.

Xa na praza da Picota, as carreiras dos peliqueiros fan as delicias do público. Hainos de case todas as idades e este ano van ser 300 os que anden polas rúas de Laza.

O luns borralleiro, a troula será moi diferente e o protagonismo terano a farrapada e a baixada da morena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar