Levan cinco anos agardando que a Sareb rehabilite as súas vivendas en Vigo
Levan cinco anos agardando que a Sareb rehabilite as súas vivendas en Vigo
Os veciños, cansos de esperar, estudan presentar unha denuncia penal
Din que as súas vivendas son habitables e denuncian a falta de conservación
Unha sentenza xudicial obriga a Sareb a acometer a rehabilitación dos inmobles
Unha urbanización de Vigo pasou a mans da Sareb hai unha década. O organismo estatal iniciou o proceso para conseguir a declaración de estado ruinoso e poder rendibilizalas, pero os veciños non teñen intención de marchar. Din que as súas vivendas son habitables e denuncian a falta de conservación.
Dos 42 inmobles, só sete están habitados, o resto están abandonadas coas ventás e as portas tapiadas. Estas escaleiras son o único acceso á rúa que antigamente tiña dúas entradas.
Pasaron cinco anos desde que unha sentenza xudicial obrigou a Sareb a acometer a rehabilitación dos inmobles. Os veciños preparan unha denuncia penal para salvar as súas casas.