Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desartellada unha organización que captaba mulleres no Brasil

Desartellada unha organización que captaba mulleres no Brasil

A organización estaba asentada en Galicia e Asturias, operando por varias cidades da xeografía española

Explotaban sexualmente mulleres e transexuais vulnerables, a quen enganaban coa promesa de realizar un traballo diferente á prostitución e ben remunerado

Arrestaron dúas persoas en Oviedo (Policía Nacional e Policía Federal de Brasil)
G24.gal 21/12/2023 11:37

Axentes da Policía Nacional nunha operación conxunta coa Policía Federal de Brasil, deteñen a dúas persoas en Oviedo e liberan a seis vítimas de explotación sexual. Desarticúlase así, unha organización que captaba a muller de orixe brasileiro para explotalas sexualmente.

A organización criminal operaba en España, estando asentada en Galicia e Asturias. Os criminais captaban as vítimas no Brasil mediante ofertas de traballo e chegaron a falsificar certificados Covid cando eran requiridos para entrar en territorio nacional. 

Unha vez que as vítimas chegaban a España, esixíaselles unha débeda de 10.000 euros, que incrementaba exponencialmente.

Impoñíalles un control absoluto, arrebatándolles teléfonos e documentación, ademais de encerralas nunha casa de citas para forzalas a exercer a prostitución. Eran sometidas a ameazas, violencia e subministrábanlles substancias estupefacientes.

Ademais, eran trasladadas dun lugar a outro para a súa explotación sexual, coa intención dos implicados de rotar ás mulleres en diferentes cidades como Ourense, Vigo, A Coruña e outros municipios. Deste xeito, obtiñan máis diñeiro para satisfacer a débeda adquirida. 

Unha vez que a organización consideraba que as vítimas saldaran a súa débeda, expulsábanas da casa en que estiveran e deixábanas á súa sorte en territorio español.

A investigación iniciouse a partir dunha denuncia 

O operativo iniciouse a raíz dunha denuncia posta pola Asociación de Travestis e Transexuais da Provincia brasileira de Goiás, pola que se puxo en coñecemento das autoridades que mulleres brasileiras estaban sendo vítimas de tráfico de persoas con destino España.

Culminouse a operación coa liberación das seis vítimas en Lugo, Oviedo, Zaragoza, A Coruña, Málaga e O Brasil e co arresto de dúas persoas en Oviedo. Os detidos están acusados de delitos de tráfico de seres humanos con fins de explotación sexual, relativos á prostitución, contra a saúde pública, ameazas graves, branqueo de capitais, contra os dereitos dos cidadáns estranxeiros, falsidade documental e pertenza a unha organización criminal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade