Publicador de contidos
Publicador de contidos

Liberan 14 mulleres vítimas dunha rede de explotación sexual en Valencia

Liberan 14 mulleres vítimas dunha rede de explotación sexual en Valencia

Os corpos de seguridade detiveron nove integrantes da organización criminal, que operaba entre Romanía e Valencia

Policía Nacional española e Policía Nacional romanesa entrando nun dos edificios onde se levaba a cabo a actividade (EFE) Policía Nacional española e Policía Nacional romanesa entrando nun dos edificios onde se levaba a cabo a actividade (EFE)
G24.gal 11/12/2023 12:24

Nunha operación conxunta entre axentes da Policía Nacional e policía romanesa lógrase liberar a 14 mulleres vítimas dunha rede de explotación sexual que operaba entre España e Romanía. Ademais, son detidos nove integrantes da organización criminal.

Segundo informa a policía, as vítimas eran captadas a través do método 'Lover Boy'. Este consiste en crear un perfil en redes sociais ou aplicacións de citas co obxectivo de captar o interese dunha muller, conquistándoa mediante o engano para logo, coaccionala aproveitando a súa situación de necesidade. Deste xeito, obrigábanas a prostituírse na vía pública.

Humillaban e agredían física e sexualmente as vítimas

As mulleres eran vítimas de graves humillacións e brutais malleiras. Se non conseguían o diñeiro esixido pola organización criminal, rapábanlles a cabeza, obrigábanas a durmir no chan ou a saír espidas ao balcón en pleno inverno. Tamén, eran agredidas fisicamente mediante lategazos con cables de teléfono.

Os implicados compraban bens inmobles e vehículos de alta gama para branquear o diñeiro que conseguían a costa da explotación das súas vítimas. Os cartos eran enviados a Romanía por transferencia a través de bancos ou axencias.

A investigación culmina coa liberación de 14 vítimas de explotación sexual en España e Romanía, dous delas na localidade valenciana de Alzira. Ademais detivéronse a nove persoas, oito en Alzira e unha en Valencia. Tres dos detidos, ingresaron en prisión polos delitos de trata de persoas con fines de explotación sexual e matrimonio forzado.

Realizáronse dúas entradas e rexistro en Alzira e catro en Turnu Mugerele-Teleorman (Romanía), intervindo 3.600 euros en efectivo, un vehículo, catro armas brancas, xoias, seis móbiles e documentación relacionada coa investigación.

Trátase dun operativo coordinado por Europol, contando coa cooperación da Agregaduría de Interior da Embaixada de España en Romanía, a Policía Nacional romanesa e a ONG Operation Underground Railroad (O.U.R) e Amar Dragoste.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade