Liberan varias vilas bloqueadas pola neve nos Alpes italianos
Liberan varias vilas bloqueadas pola neve nos Alpes italianos
Unha avalancha cortou ao tráfico un dos túneles que dan acceso ao val de Aosta, cerca da fronteira con Francia
Máis de 6.000 persoas, moitas delas turistas, quedaron illadas nesta zona dos Alpes italianos
Os primeiros coches accederon este martes ao túnel de Gaby, nos Alpes italianos. As máquinas traballaron arreo para debloquear este paso, que quedou cortado máis de 24 horas por culpa dunha avalancha.
A neve bloqueaba a entrada e deixaba incomunicadas máis de 6.000 persoas, moitas delas turistas, no val de Aosta, cerca da fronteira con Francia. A maioría xa puido continuar a súa viaxe.
É a zona onde se vive a situación máis crítica por culpa do tempo extremo que está a deixar o ciclón Fedra.
Quince rexións do norte do país seguen en alerta por risco de avalanchas, inundacións, fortes tormentas e vento. A neve supera en moitas áreas o metro de altura, o que dificulta a circulación e aumenta o risco de aludes.
Na zona os colexios permanecen pechados e algunhas vilas están sen electricidade