Liz Truss anunciará hoxe o seu plan para combater a crise no Reino Unido
Liz Truss anunciará hoxe o seu plan para combater a crise no Reino Unido
Primeira advertencia da Casa Branca a Downing Street para que non desfaga os acordos para Irlanda do Norte
A crise enerxética protagonizou o cara a cara entre a nova premier británica e o líder laborista. Entre os eixos do crítico discurso de Starmer, os enormes beneficios das eléctricas, que insiste en que sexan gravados con impostos.
A conservadora Liz Truss non se achantou e estreouse na Cámara dos Comúns coa primeira gran promesa: un plan para limitar o aumento da factura da luz, fixando un máximo.
Avanzou as liñas mestras do seu goberno, cuestións como a procura de investimentos, o rescate do servizo de saúde ou a baixada de impostos.
Truss, que era a titular da carteira de exteriores con Boris Johnson, foi quen presentara a lexislación para modificar os acordos coa Unión Europea para Irlanda do Norte. Segue nesas, di que é necesario o cambio do protocolo.
Na Casa Branca non vén con bos ollos que se intente desfacer este tratado e advirten sutilmente de posibles implicacións nas relacións comerciais cos Estados Unidos.
A cuarta primeira ministra británica en seis anos puxo en marcha o seu goberno conformando un gabinete ministerial diverso, no que por primeira vez nas carteiras principais non hai home branco ningún, mais purgando os parlamentarios tories que apoiaran o seu rival nas primarias... e cun polémico nomeamento: o dun escéptico do cambio climático como ministro de Enerxía.