Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescuperan o cadáver do home que caeu ao mar cando pescaba en Monteferro

Rescuperan o cadáver do home que caeu ao mar cando pescaba en Monteferro

A vítima é un veciño de Nigrán, de 47 anos

G24.gal 16/02/2023 16:22 Última actualización 16/02/2023 20:27

Sobre as cinco da tarde deste xoves, a patrulleira Río Guadalope, da Garda Civil, atracaba no porto de Baiona cun cadáver.

Era do veciño de Parada, en Nigrán, a quen apenas unha hora antes rescatara en augas do Monteferro.

Como moitos días, saíra a pescar na zona das Penizas. Tiña a rutina de facelo entre as nove e media e as doce. Pero desta volta non regresou para comer na casa. A familia deu a voz de alarma ás dúas e media da tarde.

Activouse un amplo dispositivo de busca. Efectivos do GES e Protección Civil do Val Miñor, da Policía Local de Nigrán e axentes da Garda Civil rastrexaron a zona desde terra.

Nos traballos tamén participou o helicóptero Pesca 1 e por mar efectivos de Salvamento Marítimo e da Garda Civil con varias embarcacións.

Foi a patrulleira do instituto armado a que localizou o cadáver no mar e o levou a terra.  

A vítima tiña 47 anos. Descoñécense as circunstancias en que caeu ao mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade