Cargando resultados...
Tras a marcha de Yamal, De la Fuente remarca que a selección coida os futbolistas
Tras a marcha de Yamal, De la Fuente remarca que a selección coida os futbolistas
A ausencia do xogador do Barcelona, cunha sobrecarga, centrou a comparecencia previa ao partido ante Serbia
G24.gal
14/10/2024 21:14
Tras derrotar a Dinamarca, España recibe este martes a Serbia en Córdoba. A selección podería pechar de xeito matemático a súa clasificación entre as oito mellores da Liga das Nacións. De la Fuente suma unha baixa importante, a de Lamine Yamal.
O seleccionador explicou as circunstancias da marcha do xogador do Barcelona da concentración por unha lesión que quedou en sobrecarga e defendeu o compromiso do xogador, de 17 anos. De la Fuente remarcou que a Selección coida os futbolistas, ante a presión dos clubs. Tras a vitoria contra Dinamarca, España espera pechar ante Serbia o pase ós cuartos de final da liga das Nacións.