Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous días de loito e concentración de condena polo asasinato machista de Zaragoza

Dous días de loito e concentración de condena polo asasinato machista de Zaragoza

O presidente de Aragón cualifica de "atrocidade insuperable" o asasinato desta muller de Villanueva de Gállego diante do seu fillo de seis anos

A ministra de Igualdade afirma que é preciso "reforzar as ferramentas, os presupostos e o persoal" para acompañar e salvar as vítimas da violencia machista

 

A vítima e a súa exparella estaban incluídos no Sistema VioXen do Ministerio do Interior (EFE/ Javier Belver) A vítima e a súa exparella estaban incluídos no Sistema VioXen do Ministerio do Interior (EFE/ Javier Belver)
G24.gal 04/03/2023 08:50 Última actualización 04/03/2023 13:44

Consternación no concello zaragozano de Villanueva de Gállego tras o asasinato dunha muller de 39 anos a mans, presuntamente, da súa exparella. A corporación municipal decretou dous días de loito oficial e convocou unha concentración de repulsa fronte ao consistorio para as 18:00 horas deste sábado.

Tanto mañá domingo coma o luns as bandeiras ondearán a media hasta en todos os edificios públicos e quedan suspendidos os actos lúdicos organizados polo concello. O alcalde, Mariano Marcén, asegura que a veciñanza está "moi consternada" por este episodio de "violencia extrema".

O presidente do Goberno de Aragón, Javier Lambán, declárase conmocionado polo sucedido. Cualifica de "atrocidade insuperable" o asasinato desta muller de 39 anos en presenza do seu fillo, de tan só 6 anos. Na súa conta de Twitter, Lambán afirma que é preciso "seguir combatendo esta lacra enerxicamente".

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero investiga este asasinato como un presunto caso de "violencia machista". A vítima e a súa exparella estaban incluídos no Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (VioXen), do Ministerio do Interior. O home permanece arrestado en depedencias da Garda Civil.

Na súa conta de Twitter, a ministra de Igualdade, Irene Montero, fixo un chamamemento ás institucións do país para que "reforcen" os medios para loitar contra este tipo de casos.

De confirmarse que se trata dun asasinato machista, sería o décimo no que vai de ano en España e o 1.192 desde que hai rexistros.

O teléfono 016 atende as vítimas de violencia de xénero as 24 horas do día e non deixa pegada na factura."

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade