Cargando resultados...
Lolo Escobar, novo adestrador do Lugo
Lolo Escobar, novo adestrador do Lugo
Escobar chega acompañado do seu staff técnico e firma por unha tempada, mais outra opcional
G24.gal
11/06/2024 13:37
Última actualización 11/06/2024 13:39
O C. D. Lugo e Lolo Escobar chegaron a un acordo no día de hoxe para a incorporación deste último como novo adestrador do primeiro equipo da entidade.
Manuel María Escobar Rodríguez (13-05-76, Don Benito), conta cunha xa ampla traxectoria no fútbol nacional en clubs como Las Rozas C. F., Salamanca C. F., C. D. Mirandés, Hércules C. F. ou Alxeciras C. F., a súa última experiencia nos bancos.
Escobar chega acompañado do seu staff técnico e firma por unha tempada, máis outra opcional.
🔴|OFICIAL|🔴
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) June 11, 2024
👔 Lolo Escobar, novo adestrador do #CDLugo!
🙌 Benvido, @lolonomara!#LoloEscobarAlbivermello #ForzaLugo