Luar lidera a competida noite dos venres coa presenza de Tanxugueiras
Luar lidera a competida noite dos venres coa presenza de Tanxugueiras
Tanxugueiras na conexión entre La 1 e a TVG: "Entramos en vídeo porque sabemos que gusta máis que unha actuación en directo"
Un Luar histórico superou o 19 % de cota de pantalla e congregou máis de 500.000 espectadores
O programa Luar volveu facer historia. Liderou a competida noite dos venres con máis dun 19% de cota de pantalla. O programa especial coas Tanxugueiras foi tendencia en twitter a nivel nacional e colleitou apoios desde diferentes lugares de España e do mundo.
Más de 500.000 personas conectaron con Luar.
TVG e TVE fixeron unha conexión simultánea en directo entre dous programas por vez primeira na súa historia. Tanxugueiras e Chanel deixaron mensaxes a prol da música, a sororidade, e contra os discursos do odio.
Ademáis o hashtag #LuarTanxugueiras converteuse en trending topic durante varias horas e as tres artistas galegas deixaron momento bailando ao ritmo da Orquestra Panorama con Gayoso e Trisha Fernández, presentadores do programa da TVG.
Tras o programa Tanxugueiras agradeceu nas redes sociais o programa. "Grazas a @luarTVG por esta noite tan emocionante e incrible, e por facernos sentir na casa!. Hoxe pechamos unha etapa para comezar unha nova aventura pola que estamos moi ilusionadas!. Comezamos a trabalalr....XIRA MIDAS! publicaban.