Publicador de contidos
Publicador de contidos

As luces do Nadal e as compras ateigan a cidade de Vigo

As luces do Nadal e as compras ateigan a cidade de Vigo

As rúas principais do centro convértense en peonís, o que dificulta o acceso en coche

G24.gal 26/11/2022 21:32 Última actualización 26/11/2022 21:52

O acendido das luces, que este ano é ás seis e media da tarde, enche o centro da cidade e converte a Vigo nun lugar que convida ao paseo porque as rúas principais vólvense peonís.

Non é doado chegar ata aquí en coche porque os accesos e as arterias principais da cidade adoitan colapsar nun día coma o sábado, cando moitas persoas aproveitan para facer compras e ao mesmo tempo gozar das decoracións do Nadal.

O tempo acompaña e convértese nun aliciente máis para achegarse ata un dos alumeados con máis sona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar