Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lugo acollerá unha proba do Mundial de Motocrós o mes de maio

Lugo acollerá unha proba do Mundial de Motocrós o mes de maio

A histórica cita no circuíto que leva o nome do campión do mundo Jorge Prado terá lugar o 11-12 de maio

G24.gal 19/01/2024 16:04

Jorge Prado soltou a bomba hai uns días e a organización do Mundial de Motocrós ven de confirmala. Lugo acollerá o 11-12 de maio unha das probas do MXGP. A fama que colleu en Galicia desde que Prado e Rubén Fernández disputan este campionato e a repercusión que está a ter coas retransmisións da G2 fixeron que a organización se decantase polo percorrido lucense no calendario de 2024. 

Será a sexta proba puntuable do campionato, nunha fase con moita presenza da Península Ibérica. En Madrid disputarase a segunda proba (24 de marzo), logo irá a Italia e volve para o noso territorio en maio coa celebración do GP de Águeda en Portugal (5 de maio) e o GP de Galicia en Lugo o 12 de maio. A partir dese intre recupera o calendario clásico coas citas en Francia, Alemaña e Letonia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar