Lugo, Arenteiro e Celta Fortuna buscan a vitoria a domicilio; o Deportivo recibe a Ponferradina na G2
Lugo, Arenteiro e Celta Fortuna buscan a vitoria a domicilio; o Deportivo recibe a Ponferradina na G2
O filial celeste e os lucenses viaxan a Cataluña para enfrontarse ao Sabadell e ao Nástic
O Real Unión recibirá ao conxunto de Javi Rey
Os herculinos teñen unha nova 'final' en Riazor, onde reciben o líder
Comeza a segunda volta e faino coa posibilidade para o Celta Fortuna de recuperar o liderado tras a derrota da última xornada. Os vigueses viaxan a Sabadell como mellor visitante da Liga para enfrontarse mañá as doce a un rival que xa leva tres adestradores e que gañou tres dos catro últimos partidos pero que caeu goleado en Vigo por catro a dous.
A esa mesma hora, o Lugo visita un Nástic nun bo momento, que vén de vencer en Vigo, que acumula catro vitorias consecutivas e que segue invicto na casa onde só recibiu un gol. Paulo Alves afronta o encontro coa obriga de gañar ou gañar logo de tres derrotas sen marcar.
Tamén mañá as doce, o Arenteiro xogará en Irún contra un Real Unión que se mantén invicto desde a chegada do seu novo adestrador, Iñigo Idiákez. Os de Javi Rey acoden coa moral reforzada tras a última vitoria ante o Barcelona B.
A xornada completarase co partido da G2 en Riazor entre o Deportivo e o novo líder, a Ponferradina as sete da tarde. Os coruñeses buscarán resarcirse da última derrota en León para seguir enganchados a zona alta da clasificación.
Un triunfo herculino devolveríalle o liderado o Celta B no caso de vencer en Sabadell.