Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lugo convértese esta fin de semana na capital galega da marcha nórdica

Lugo convértese esta fin de semana na capital galega da marcha nórdica

O domingo celébrase o Open Concello de Lugo e a primeira Copa Xunta de Galicia de Marcha Nórdica

G24.gal 11/03/2023 13:35 Última actualización 11/03/2023 13:59

Más de 160 persoas participan esta fin de semana no Open Concello de Lugo e na primeira Copa Xunta de Galicia de Marcha Nórdica, unha especialidade deportiva na que se move o 90 % da musculatura do corpo.

A primeira quedada colectiva foi ás once da mañá no monte Segade. Cada vez máis xente practica esta modalidade en Galicia. 

O domingo celébranse dúas competicións. A da Copa Xunta de Galicia, con 65 participantes, consiste en dar cinco voltas á muralla.

A do Open Concello de Lugo é unha proba aberta para quen queira iniciarse na marcha nórdica. Hai 96 persoas inscritas e terán que dar tres voltas á construción romana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade