Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lugo celebra, como cada 5 de outubro, o San Froilán

Lugo celebra, como cada 5 de outubro, o San Froilán

O sol e a calor acompañan no día grande da cidade das murallas

G24.gal 05/10/2023 16:08

Con tempo case de verán, Lugo celebra hoxe o Día do San Froilán. O sol e a calor acompañan no día grande e iso faise notar nas rúas da cidade da Muralla, ateigadas de xente con ganas de moita diversión. 

Unha das festas máis importantes do outono en Galicia e declarada de Interese Turístico Nacional, na que efectivamente non faltarán as casetas do polbo, unha das paradas obrigatorias. 

Pero non todo será comer. A programación preséntase atractiva, pois ata o 12 de outubro as Festas de San Froilán acollerán máis de 200 actividades para todos os públicos e para todos os gustos. Desde a Feira de Olería Lugo Tradicional ou de Antigüidades, pasando polos espectáculos na rúa, o Festival de Baile Tradicional e tamén moita música.

Das actividades programadas, 48 serán concertos. Para esta noite comezarán con rock da man de Monsterflesh. Pero sen dúbida o prato forte será o concerto do cubano Elíades Ochoa con '25 anos de Buena Vista Social Club', que seguro que porá a todos e todas a bailar neste San Froilán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade